II XORNADA PROFESIONAL DA INDUSTRIA MUSICAL

Agem Asociación Galega Empresas Musicais co Patrocinio de Cultura da Deputación da Coruña

e a colaboración da Xunta de Galicia ,organiza:

I

Inscricións

A inscrición é de balde e pode realizarse a unha ou varias xornadas

As prazas son limitadas, a inscrición realizarase por orde de presentación.

Programa:

09:30-10:00 - Recepción de inscritos e benvida.10:00-11:30 - Boas prácticas en sustentabilidade.
11:30-12:00 - Pausa-café.
12:00-13:30 - Modernización da normativa para a organización de eventos de música en vivo e festivais.
13:30-15:00 - Xantar.
15:00-17:00 -Financiamento e incentivos fiscais no ámbito da música en vivo.
Boas prácticas en Sustentabilidade.
Abordarase como integrar un plan de sustentabilidade na organización dun evento de música en directo e exporase a nova lexislación en materia ambiental que lles é de aplicación, destacando as novas obrigas. Do mesmo xeito, presentarase a nova ferramenta de autoavaliación desenvolvida pola Asociación de Festivais de Música, FMA, e financiada con fondos Next Generation para a medición de impactos socioeconómicos por parte dos festivais de música. Tamén se presentarán os protocolos de xénero e novas perspectivas artísticas desenvoltas pola Asociación de Festivais de Música, FMA, e a Asociación de Mulleres na Industria da Música, MIM, así como o test de autoavaliación de igualdade de xénero da industria da música desenvolvido por esta última asociación.
Modernización da normativa para a organización de eventos de música en vivo e festivais.
Os festivais de música, na organización dos seus eventos, atopan certas dificultades debido á ausencia tanto de coordinación entre as distintas leis autonómicas de espectáculos públicos como de perspectiva cultural na normativa de aplicación. Neste sentido, analizaranse estas dificultades, entre as que destacamos os procesos de obtención de licenzas para a súa celebración, a regulación do ruído e a normativa referida á seguridade e saúde na montaxe e desmontaxe de escenarios e outras estruturas efémeras. Abordaranse tamén as denuncias presentadas polas organizacións de consumidores en relación coa prohibición establecida por diversos festivais para a entrada con comida e bebida no seu recinto, así como a problemática existente coa revenda non autorizada de entradas a través de plataformas.
Financiamento e incentivos fiscais no ámbito da música ao vivo.
Son numerosos os estudos que destacan o impacto económico, tanto directo como indirecto, do sector da música en directo, na medida en que non só constitúe unha importante fonte de atracción de turistas, nacionais e internacionais, senón que, ademais, é un motor imprescindible para a nosa economía, tanto polos ingresos que xera,como polos postos de traballo, directos e indirectos, que dependen del. A todo o anterior únese o feito de que os poderes públicos teñen o mandato constitucional de adoptar as medidas precisas para posibilitar o exercicio dos dereitos de acceso á cultura e participación na vida cultural, da que forman parte os axentes do sector da música en directo. Neste contexto, as medidas de apoio económico a este sector son dunha enorme importancia. Nesta sesión analizaranse os actuais modelos de financiamento, así como as melloras ou novidades que é necesario introducir.
De maneira especial, explicaranse os beneficios que se poden obter mediante a aplicación dos incentivos fiscais na organización de eventos de música en directo.

Actividade subvencionada pola

Actualizado (Martes, 26 de Marzo de 2024 21:47)

 



Próximos eventos
No hay eventos próximos.
Ver calendario completo
Marzo 2024 Abril 2024 Mayo 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
Newsletter