XORNADA PROFESIONAL DE PROMOCIÓN ESCÉNICA E MUSICAL DE GALICIA 2022.

Escena Galega e Agem Música organizan o vindeiro xoves 24 de novembro unha xornada de promoción escénica e musical ao abeiro da programacion da Culturgal Feira Industrias Culturais  e desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra de 10h a 18.30h

Dende Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), e co apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia por medio da Agadic, organizamos conxuntamente e no marco da programación profesional da Culturgal 2022 esta XORNADA PROFESIONAL DE PROMOCIÓN ESCÉNICA E MUSICAL DE GALICIA.
Esta actividade trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías, bandas de música, promotoras e distribuidoras e profesionais da programación escénica e musical, de espazos públicos e privados, para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos e actuacións musicais, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra. A xornada profesional, por tanto, está enfocada á programación de traballos escénicos e musicais de cara por exemplo á programación do 1S 2023 da RGTA, pero tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal…).
Fóra do contexto galego convidamos tamén a un feixe de axentes programadores da Rexión Norte de Portugal (teatros, festivais…). E tamén a espazos privados como as distintas superficies comerciais galegas con programacións e espazos de ocio, co obxectivo de diversificar a presenza das entidades programadoras na xornada.
Cando e como
A xornada terá lugar en distintos espazos do Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa de Alexandre Bóveda s/n 36005 - Pontevedra) o xoves 24 de novembro de 2022 en horario de 10.00 a 18.30h.
A quen se dirixe
A todos/as os/as profesionais da programación escénica e musical de Galicia e o Norte de Portugal, ben sexa en espazos públicos ou privados, e ás compañías profesionais de artes escénicas, bandas profesionais de música, promotoras e distribuidoras asociadas a Escena Galega e AGEM.
Inscrición
A inscrición realizarase en dúas quendas, primeiro estará aberto o prazo para profesionais da programación, ata o mércores 9 de novembro ás 14.00 h., podendo realizarse aqui
A inscrición na xornada é de balde, non tendo custo nin para profesionais da programación nin para compañías e bandas musicais participantes. Para os e as profesionais da programación asistentes, ademais, a organización aboará os gastos de desprazamento derivados da súa asistencia

Colabora:

Actualizado (Jueves, 01 de Diciembre de 2022 09:06)

 



Próximos eventos
No hay eventos próximos.
Ver calendario completo
Abril 2024 Mayo 2024 Junio 2024
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
Newsletter