Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais
AGADIC convoca as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais:
Data de publicación: 30 de marzo de 2017
Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 31 de agosto de 2017, ou ata o esgotamento da partida orzamentaria asignada.
As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.
Presentación das solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Convocatoria: DOG núm. 63. do xoves 20 de marzo de 2017
Actualizado (Viernes, 31 de Marzo de 2017 17:07)